Marcos Abalde Covelo é o gañador do XIV Fiz Vergara Vilariño

a.c. ergueitos sárria

 

 

En Sarria a 10 de maio de 2014

Reuniuse o xuri do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, composto por Cristina Ferreiro, Xabier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo,  actuando con voz e sen voto como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.

Logo dunha intensa deliberación motivada pola cantidade e calidade dos poemarios presentados  o ditame final realizouse sobre dúas obras.  A que acordamos por unanimidade é a gañadora desta edición do Fiz Vergara Vilariño, presentada baixo o lema OENACH e seudónimo HUMUS e a presentada baixo o lema Chegaron os xinetes das primeiras xeadas, da que aconsellamos a súa publicación.

Na obra gañadora, Oenach, destacamos a súa boa construción e alento poético, as recurrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón… Hai neste libro unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Hai poesía e hai terra.

Aberta a plica en acto público ás 13:30 horas a obra presentada baixo o lema Oenach resultou ser da autoría de Marcos Abalde Covelo.

 

 

 

 Cristina Ferreiro                   Xabier Rodríguez Baixeras                Miguel Mato Fondo

 

 

 

Francisco Pérez                       María Casar

4 opinións sobre “Marcos Abalde Covelo é o gañador do XIV Fiz Vergara Vilariño

  1. En primeiro lugar desexo felicitar ao autor premiado neste prestixioso concurso poético.

    Como participante sería posible coñecer o nome da outra obra que chegou á última deliberación.

    Grazas polo voso traballo .
    Un saúdo afectuoso.

    Ana López.

    Gústame

  2. Perdoade, o lema da obra finalista estaba na crónica do acto.!
    ” Chegaron os xinetes das primeiras xeadas”
    !Hai que ler millor!

    Un saúdo.

    Ana.

    Gústame

  3. Este premio só inclúe, segundo as bases, “un único premio indivisible”. Xa que logo, non hai finalista formalemente recoñecida, nin accésit nin nada semellante. Outra cousa é que unha segunda obra chegou ás deliberacións finais, como adoita suceder en todos os certames. Poden ser dúas, tres, catro, etc. Pero non se pode considerar FINALISTA.

    Gústame

  4. As bases claro!!! Nembargantes chegar ás deliberacións finais coido que é importante e desexo felicitar ao autor / ra da obra ” Chegaron os xinetes das primeiras xeadas “

    Gústame

Os comentarios están pechados.