Ditame do XII Fiz Vergara Vilariño

XII PREMIO DE POESÍA FIZ VERGARA VILARIÑO

Os membros do xuri Antía Otero, Estevo Creus e Francisco X. Fernández Naval, acompañados con voz e sen voto polo Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e pola Presidenta de Ergueitos, María Casar reunirémonos o próximo sábado 14 de abril para realizar a deliberación final entre os máis de 90 orixinais recibidos e ditaminar quen é o gañador ou gañadora desta edición.

Ás 13:30 horas, no salón de actos do Concello de Sarria, procederemos a abrir a plica da obra gañadora e nese momento coñeceremos quen é a poeta ou o poeta que pasará a formar da vizosa árbore das gañadoras e gañadores do Fiz Vergara, que enraíza nos versos do poeta louzarín.