Marcos Abalde Covelo é o gañador do XIV Fiz Vergara Vilariño

a.c. ergueitos sárria

 

 

En Sarria a 10 de maio de 2014

Reuniuse o xuri do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, composto por Cristina Ferreiro, Xabier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo,  actuando con voz e sen voto como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.

Logo dunha intensa deliberación motivada pola cantidade e calidade dos poemarios presentados  o ditame final realizouse sobre dúas obras.  A que acordamos por unanimidade é a gañadora desta edición do Fiz Vergara Vilariño, presentada baixo o lema OENACH e seudónimo HUMUS e a presentada baixo o lema Chegaron os xinetes das primeiras xeadas, da que aconsellamos a súa publicación.

Na obra gañadora, Oenach, destacamos a súa boa construción e alento poético, as recurrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón… Hai neste libro unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Hai poesía e hai terra.

Aberta a plica en acto público ás 13:30 horas a obra presentada baixo o lema Oenach resultou ser da autoría de Marcos Abalde Covelo.

 

 

 

 Cristina Ferreiro                   Xabier Rodríguez Baixeras                Miguel Mato Fondo

 

 

 

Francisco Pérez                       María Casar

Francisco X. Fernández Naval recollerá o X Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Será este sábado 22 de maio ás 19:30 horas no hotel NH Alfonso IX de Sárria. Participarán os gañadores das 10 edicións do premio: Marica Campo, Xesús Pereiras, Estevo Creus, Martín Veiga, Miguel Mato, Emma Pedreira, Neira Cruz, Olalla Cociña, Baldo Ramos e Francisco X. Fernández Naval. Acompañados polo dúo de violonchelo e violín formado por Rosalía Vázquez e Iván Novo.

Intervirán ademais na entrega do premio:

-Os membros do xurado Olalla Cociña e Cesáreo Sánchez Iglesias (Presidente da AELG)

-O artista plástico Jorge Varela

-O concelleiro de cultura de Sárria, Xermán Arias

-O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Antón Bao

-A presidenta de Ergueitos, María Casar.

Pecharemos o acto co espectáculo de María Lado e Lucía Aldao “moita poesía, pouca diversión”.